O presidente do Real Madrid, Florentino Pérez, é homenaxeado en Cambados

    CAMBADOS > Como se dun heroe se tratara, o presidente do Real Madrid, Florentino Pérez foi homenaxeado esta fin de semana por centos de afeccionados que lle daban a benvida as Rías Baixas. A cita tivo lugar na adega cambadesa, Salnesur, que se quedou pequeno para acoller a tanto madridismo.

    O presidente do Real Madrid, Florentino Pérez, foi recibido na adega Salnesur como un verdadeiro heroe de masas por máis de 700 afeccionados. A federación de peñas do Sur de Galicia honraron o máximo mandatario do seu equipo cunha exquisita cea na que non fallaron os productos máis característicos da nosa terra: marisco e viño de denominación de orixe Rías Baixas. Florentino chegou acompañado do presidente da Deputación, Rafael Louzán, e barios membros da súa xunta directiva: Fernando Marín, Santiago Aguado, Nicolás Martíne  Manuel Parreño. Emilio Brutagueño e Amancio Amaro sumáronse máis tarde o acto. Brindis. Como se estiveran celebrando o resultado do domingo na noite do sábado brindouse polo equipo, quizais algún tiña algunha predicción que lle anunciaba a victoria contra o Celta o día seguinte. Pero o presidente madridista non se podía imaxinar a benvida que lle esperaba a entrada do salón.Todos os socios das diferentes peñas se levantaron para recibir o seu ídolo, que debe estar acostumado a estes recibimentos pois non dubido en asinar os autógrafos que lle pedían. Unha noite moi especial os madridistas da provincia que agasallaron os seus convidados  cunha dorna de prata símbolo das nosas rías.

    Redacción Salnés