O Grupo Caixanova rexistra crecementos de máis do 20% en 2005

VIGO > O Grupo Caixanova presenta cifras de crecemento do 23 por cento no beneficio neto, de case o 21 por cento en recursos de clientes e de máis do 25 por cento en créditos concedidos. Así se desprende do balance de 2005. Julio Fernández Gayoso, director xeral de Caixanova, presentou os mellores resultados da historia de la entidade.

Durante 2005, Caixanova rexistrou case 123 millóns de euros de beneficio neto e administrou máis de 18.000 millóns de euros en depósitos de clientes. Fernández Gayoso sinalou que este gran crecemento dos resultados se apoia nun forte plan de expansión de oficinas e nun cambio de estratexia comercial na rede vella.

A entidade prevé abrir a lo menos 30 novas sucursais ó ano, polo que en 2008 alcanzaríanse as 600 oficinas. Para o presente ano, Caixanova presupostou un crecemento do 20 por cento nos seus recursos de clientes, do 25 por cento no seu investimento crediticio e do 34 por cento no seu beneficio neto.

No balance de 2005, tamén destacan os 42 millóns de euros investidos en Obra Social, que beneficiaron a máis de un millón oitocentas mil persoas.

Redacción Salnés