Os quiosqueiros continuarán coas mobilizacións en contra da lei antitabaco

    CALDAS DE REIS > Centos de quiosqueiros de toda a provincia acudiron a manifestación celebrada en Vigo en contra da lei antitabaco que prohibe a venda nestes establecementos. Os rexedores destes establecementos cren que esta medida reduce os seus ingresos nun corenta por cento obrigando a moitos deles a pechar.

    Susana Bretal tamén acudiu a manifestación. Esta veciña de Caldas rexenta o quiosco a Peroxa e dende que non lle está permitido a venda de tabaco veu descendidos os seus ingresos nun trinta por cento. Ata o momento a ministra de Sanidade non lles deu moitas esperanzas. Nun primeiro achegamento houbo un compromiso de devolverlles o imposto de tabaco pagado polos quioscos para poder vendelo pero non hai moitas esperanzas de que se modifique esta lei.

     

    Cren que o goberno está atentando contra os seus propios dereitos e só piden máis flexibilidade para que a nova normativa non lles obrigue a pechar os seus negocios. Deste xeito anuncian máis mobilizacións.

     

    Esta lei supón o peche para moitos pequenos establecementos que non cobren os  gastos previstos. Unha normativa, o seu parecer, inxusta que beneficia os bares en detrimento dos quioscos de prensa.

    Redacción Salnés