A Adega Martín Códax recupera as catas presencias con todas as garantías sanitarias

CAMBADOS> Martín Códax recupera as súas catas presenciais con todas as garantías sanitarias. A adega volve a abrir as súas instalacións aos visitantes despois de 5 meses de peche. As súas experiencias enoturísticas tamén se poden gozar na internet a través da súa aula virtual.

O enoturismo vai recuperando o seu espazo despois de moitos meses véndose obrigado a reducir as súas actividades por motivo da pandemia. É caso da adega Martín Códax, que hoxe recuperou as súas catas presenciais despois de 5 meses. Adega opta polo formato tasting.

A oferta enoturística componse de 3 viños acompañados de queixo. A adega reduce a capacidade de ocupación da súa terraza nun 50%, garantindo todas as medidas sanitarias para unha cata segura.

E para aqueles que non poidan acudir ás catas físicas, a adega puxo en marcha a súa aula virtual. Un espazo na internet onde poder gozar das experiencias enoturísticas.

A oferta da aula virtual divídese en tres modalidades: As catas online privadas da man do propio Javier Padín, os cursos cata e viño para aqueles apaixonados da viticultura e o formato virtual dos Encontros de Códax, nos que poder degustar viños de todo o mundo. Diferentes experiencias para gozar do viño dende os seus fogares.

Os interesados en participar na aula virtual poderán anotarse a través da páxina web de Martín Códax. Os que queiran gozar das catas presencias da adega poderán facelo de luns a venres de mañá e de tarde e os sábados pola mañá.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí