Os salinienses gozan coa chegada da calor

VILAGARCÍA> As altas temperaturas chegan ás nosas comarcas. A veciñanza goza deste tempo facendo tódalas actividades que as choivas non permiten. E os que non poden viaxar aproveitan para desprazarse a outros municipios da contorna.

A menos dun mes para que comece o verán as altas temperaturas chegan ás nosas comarcas. Nunha zona na que estamos acostumados ós ceos grises e as choivas, a veciñanza agardaba a chegada da calor.

A maioría dos nosos veciños gozan do bo tempo paseando ou indo a praia, pero hai quen aproveita para realizar outras actividades que serían máis complicadas de facer con outra climatoloxía.

A calor tamén favorece que os salinienses aproveiten para visitar outros concellos. Non hai zona do Salnés que non sexa un reclamo.

Nestas datas hai quen comeza as vacacións e quen xa as está planeando. Con elo, uns veñen e outros se van.

É o momento de gozar do bo tempo porque as choivas, a Galicia, non tardarán en volver.