Moi boa xornada para ós equipos da comarca do Salnés en Baloncesto

BALONCESTO SALNÉS> O Extrugasa gañou esta fin de semana sen concesións o Arxil Comervía por 90- 48 nun partido que se pode calificar como excelente. O Inelga tamén amosou a súa calidade o encaixar 100 tantos o Estudiantes de Lugo. O Establecementos Otero tamén conseguiu gañar o encontro que non se caracterizou pola calidade de xogo do equipo local.

O Extrugasa  saíu a pista de xogo con moitas sede de victoria. Dende os primeiros minutos do encontro o público puido comprobar que o xogo estaba en mans das xogadoras locais. Un parcial de 9-0 deixaba o Arxil con poucas posibilidades de remontar, e isto foi o que sucedeu, No primeiro cuarto os 16 puntos de vantaxe sentenciaron un encontro no que os espectadores se deleitaron con cada canastra. 

 

O Inlega- Cefrico conseguiu a victoria despois de gañar o estudiantes de Lugo o que lle permite os locais seguir o fronte da clasificación xeral. Os 100 puntos sobre 88 foron difíciles de conseguir, os de Tito Díaz tiveron que remontar un resultado adverso no primeiro cuarto de hora do partido. Os lucense realizaron un parcial de 0-9 nos primeiros minutos que provocou unha pequena ruptura no xogo do Inelga. Un axuste  defensivo conseguiu espertar os xogadores e remontar o encontro.

 

O máis positivo do encontro do Establecementos Otero contra o Peleteiro foi a victoria. Os xogadores locais tiveron dificultades para manter o ritmo do partido  be só durante o último cuarto xogaron como de verdade tiñan que facelo. Os pívots sostiveron o xogo do ataque no primeiro cuarto pois entre Rozas e Will anotaron 13 dos 18 puntos . No segundo cuarto Establecementos Otero foi capaz de mellorar en defensa e equilibrar o xogo ofensivo que lles deu os 77 puntos cos que gañaron o Peleiteiro que tan só conseguiu 68.

Redacción Salnés