O alcalde de Vilagarcía axudará ós veciños afectados polo acceso ó porto

    VILAGARCÍA> Os veciños de Rubiáns afectados polo acceso ó porto de Vilagarcía contarán coa axuda do alcalde para mediar cos técnicos do Ministerio de Fomento. Deste xeito o rexedor vilagarcián coñeceu outra alternativa da man dos habitantes do lugar as chans e comprometeuse a concertar unha xuntanza con fomento no menor tempo posible.

    Os veciños do lugar “as chans” da parroquia vilagarciá de Rubiáns presentaron ó alcalde, Javier Gago, un novo proxecto no que a variante non pasaría preto das vivendas e das fincas dos veciños. Gago comprometeuse a concertar unha reunión cos técnicos de fomento para revisar este novo trazado e as posibilidades da súa execución.

    Os veciños tamén lle presentaron outra iniciativa na que aparece reflexado o futuro polígono que se pretende construír e un desdobramento das vías que o seu entender melloraría a circulación.

    Aínda que os habitantes dos chans non están tranquilos, recoñeceron que a reunión foi positiva pero non cantaran victoria ata que se resolva o tema cos técnicos do ministerio.

    Redacción Salnés