O clube O Rial acollerá o Campionato Galego de tenis infantil masculino

VILAGARCÍA> O Club O Rial de Vilagarcía acollerá do once ó 19 de febreiro o Campionato Galego por equipos de tenis infantil masculino. Oito clubes loitarán nas pistas vilagarciás por acadar a victoria que só un conseguirá. O premio: representar a galicia no campionato nacional.

O Club o Rial é moi eloxiado en cada competición de tenis que se desenvolve nas súas pistas. Deste xeito a Federación galega deste deporte considerou que este será o marco ideal para desenvolver o campionato galego por equipos de tenis infantil masculino. O equipo xogará ademáis con vantaxe xa que é un dos favoritos para acadar a victoria.

 

Serán oito os clubes galegos que participarán, o naútico de Vigo, o Cas Ferrolano, o EMP Ourense, o T. Coruña, o Club deportivo Sanxenxo, o Tenis Ourense, O Mercantil de Vigo e como non o segundo mellor preparado da competición: O rial de Vilagarcía.

Redacción Salnés