MORAÑA> A veciñanza de Amil, en Moraña, volve pedir a paralización das obras dos muíños eólicos tras atopar na zona ata 5 petróglifos. Os afectados xa informaron ao Seprona que se estaban danando os achados e piden ao concello que impida que continúen os traballos. A veciñanza non entende como a prospección arqueolóxica non informou destes petróglifos.
A veciñanza de Amil, en Moraña, continúa sen darse por vencida na súa loita contra a cancelación do parque eólico do Acibal. Nas súas vistas á zona, os afectados atoparon ata 5 petróglifos, polo que piden a paralización inmediata das obras.
A veciñanza xa avisou ao Seprona desta actuación, advertindo que algúns dos achados está sufrindo danos coas obras. A garda medioambiental balizou ao menos dous dos petróglifos.
Tras estes achados, os afectados piden ao concello que solicite a paralización das obras.
Precisamente, a veciñanza afectada, non entende como se puido facer a prospección ambiental previa ao comezo das obras.
A veciñanza non entende como se aprobou o proxecto no Acibal, xa que a zona conta con pozos cuxas augas das servizo a toda a ría de Pontevedra. Nesa zona instalaranse 4 muíños, pero nos outros montes de Amil, en Cebreiro e Anduriña tamén irán outros 10. No caso do Cebreiro, o proxecto atópase no período de alegacións e en Anduriña, están pendentes da declaración ambiental.