A Deputación de Pontevedra comunicará con beirarrúas tres Igrexas mecas

    O GROVE > Tralo verán, poderían estar rematadas as obras da estrada provincial San Vicente do Mar- O Grove, que continuaban a principios de febreiro coa demolición dunha vivenda unifamiliar que fora expropiada. Trátase da segunda actuación máis importante que a Deputación de Pontevedra leva a cabo na provincia, cun orzamento que supera os 3 millóns de euros.

     Ademais, pronto poderían comezar as obras de construcción de beirarrúas que unan as 3 igrexas mecas emblemáticas.  

     

    O presidente da deputación de Pontevedra supervisou a evolución das obras acompañado do alcalde meco, Miguel Ángel Pérez. No período que rematará a finais deste ano, a Deputación realizará unha inversión no Grove que superará os 8 millóns de euros, a maioría centradas en mellorar as comunicacións básicas en materia de seguridade vial. Nesta concreta, de máis de 3 millóns de euros de orzamento, construiránse dúas calzadas, arcéns e beirarrúas, así como lugares de aparcamento. Tamén se dotará á estrada de cunetas e colector de recolllida de pluviais. Ademais, os representantes das institucións local e provincial aproveitaron para falar da posta en marcha dun proxecto que permitirá a construcción de beirarrúas de comunicación entre as igrexas de o Grove, San Vicente do Mar e San Vicente. Estas obras poderían simultanearse coas actuais da estrada provincial.

     

    Redacción Salnés