Medio Ambiente investirá 867 mil euros no saneamento de Cespón e Abanqueiro

    BOIRO > A Consellería de Medio Ambiente, a través do organismo Augas de Galicia, vai investir uns 867 mil euros na instalación da rede de abastecemento de agua nas parroquias boiresas de Cespón e Abanqueiro. O expediente para a realización desta actuación e para o seu financiamento foi aprobado onte na sesión do Consello da Xunta.

    A Consellería de Medio Ambiente vai levar a cabo a instalacións da rede de abastecemento de auga en Cespón e Abanqueiro, cumprindo así o compromiso adquirido polo propio titular deste departamento, Manuel Vázquez, durante a visita que a pasado semana realizou a Boiro, onde tivo tempo de falar con parte dos veciños que se beneficiarán desta actuación.

    A financiación das obras será asumida na súa totalidade por Medio Ambiente en dúas anualidades. Así, con cargo ós presupostos deste ano investiranse uns 860 mil euros, mentres que os sete mil euros restantes serán sufragados durante o ano 2007.

    A aprobación do expediente por parte do Executivo Autonómico implica que os traballos sairán a licitación de inmediato. O obxectivo da Consellería de Medio Ambiente é que dean comezo este verán, co que as obras estarían concluídas a mediados do vindeiro ano, xa que o prazo de execución quedou establecido nun máximo de doce meses.

    A instalación desta rede de abastecemento de agua beneficiará a uns 2.700 veciños. A  maioría deles residentes na parroquia de Cespón, posto que en Abanqueiro as obras só afectarán a unha parte da parroquia, pois a actuación comprende a aquelas zonas nos que o servizo é deficitario na actualidade, fundamentalmente na época estival.

    Redacción Barbanza