Noia celebra este sábado o XVII Certame de Pintura ao Aire Libre Juan José Fernández Leiceaga

NOIA> Este sábado terá lugar en Noia unha nova edición do certame de pintura ó aire libre Juan José Fernández Leiceaga.

A cita, presentada esta mañá, reunirá a un cento de artistas de ámbito nacional e mesmo internacional.

O certame, impulsado dende a área de Cultura baixo a dirección do artista local Alfonso Costa, volverá a contar co patrocinio de varias empresas locais, entre elas a familia Leiceaga que lle dá nome ó concurso.

Dende o Concello valoraron moi positivamente esta iniciativa, que co paso das edicións van collendo maior auxe, chegando a repartirse xa máis de once mil euros en premios nas diferentes modalidades a concurso.