O alcalde de O Grove fai unha dura crítica as actuacións do BNG

    O GROVE> O alcalde de O Grove respondeu moi duramente as acusacións que o bloque nacionalista verteu sobre o grupo de goberno meco polo asunto do PXOM. Fai unhas semanas os nacionalistas abandonaban as comisións de urbanismo. Ademais o rexedor meco criticou o proxecto nacionalista sobre as instalacións deportivas. Para Miguel Angel Pérez, esta idea é imposible de levar a cabo.

    O alcalde de O Grove, Miguel Angel Pérez, criticou moi duramente a decisión do bloque nacionalista de retirarse da comisión de urbanismo, agora que se va a proceder a segunda exposición pública do pxom. Para o rexedor meco non está xustificado este abandono xa que os nacionalistas participaron e aprobaron o documento urbanístico ó igual que os demais partidos. Deste xeito o dirixente do concello chama o BNG á reflexión para que  continúen coa súa actividade dentro da comisión en pro do pobo meco.

    En canto as instalacións deportivas o grupo de goberno cre que o BNG volve a patinar. O proxecto deportivo que os nacionalistas teñen para lugar das Paredes é o entender do alcalde unha ilusión imposible de executar. Segundo Miguel Angel Pérez estes terreos non se poden cualificar  como solo deportivo xa que o proxecto nacionalista é imposible para unha poboación como a do Grove.

    Por outra banda o grupo de goberno anunciou que está xa traballando cara ós orzamentos municipais do 2.006 e espera se aproben o máis axiña posible.

    Redacción Salnés