A hamburguesería Barrantes lanza a hamburguesa deportiva para apoiar aos clubs de Vilagarcía

VILAGARCIA> Aínda que non sexa propio da dieta dos deportistas, os clubs de Vilagarcía contan agora coa súa propia hamburguesa deportiva. O produto o oferta a hambuguesería Barrantes e do seu custo un euro irá destinado a diferentes clubs da vila. Os consumidores ademais entrarán nun sorteo de diferentes materiais das entidades participantes.

Vilagarcía conta coa súa propia hamburguesa deportiva. O produto está dispoñible na carta da hamburguesería Barrantes. Con esta iniciativa destínase un euro de cada unidade para doalo a diferentes clubs da vila como o Arosa, o Atlético Arousana, Os Ingleses, o Cortegada e o Inelga.

Para o establecemento é unha oportunidade de apoiar aos clubs e dar a coñecer a súa cociña.

As doazóns repartiranse de forma rotatoria. A recadación de cada dous meses irá destinada a un club distinto. Ademais os clientes que proben esta hamburguesa entrarán no sorteo de diferentes materiais deportivos dos equipos participantes.

Dende o establecemento destacan que hamburgesa é tan boa como a iniciativa.

Representantes dos clubs xa probaron a hamburguesa e mostraron o seu respaldo a este proxecto.

O Barrantes tamén porá a disposición dos clientes a hamburguesa deportiva vegana. Para todo aquel que queira colaborar co deporte local sen necesidade de comer a hamburguesa, no establecemento haberá unha hucha para aportar o donativo desexado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí