CALDAS> O que se desenvolveu como un acto cordial entre Concello de Caldas e Consellería rematou de xeito polémico. Entre o público que asistía á sinatura da aprobación definitiva do PXOM estaba o voceiro municipal do BNG. Trala intervención, Manuel Fariña levantouse e entregou a Ángeles Vázquez unha botella de auga do Umia, para chamar a atención sobre a situación do río e a presenza de cianobacterias.
Así interrompía o acto de sinatura do PXOM de Caldas o voceiro do BNG local. Manuel Fariña criticaba que a visita de Ángeles Vázquez non fora para tratar a situación do Umia.
Trala intervención do nacionalista, a Consellería reclamáballe que volvera ao seu sitio. Tamén aseguraba que todos os ríos galegos están presentes na Xunta, e insistía na importancia do PXOM para a vila.
Foi o alcalde quen puxo fin á discusión. Para Juan Manuel Rey, a intervención do edil nacionalista foi humillante.
Juan Manuel Rey afeoulle a Manuel Fariña que desviara a atención dos medios do acto central. Máis aínda cando a situación do río Umia íase tratar nun encontro privado coa Conselleira ao que estaban citados trala sinatura.