CATOIRA> 360.000 euros, foi o premio que un veciño de Catoira recibirá tras conseguir un pleno ó quince na quiniela desta fin de semana. A administración número un deste concello recibiu a noticia con moita satisfacción aínda que esta non é a primeira vez que esta pequena administración reparte a sorte.
A quiniela con catorce acertos máis o pleno ó quince foi selada na administración numero un de Catoira. O premio valorado en 360.000 euros foi para un veciño aínda sen identificar. Unha satisfacción non só para o premiado, a rexente da administración, Milagros Carneiro, amosábase moi feliz por dar unha vez máis a sorte.
Pero a sensación de dar un premio coma este non é nova en Catoira. Quizais polo cariño que a rexente pon en cada boleto selado, leva moito diñeiro repartido entre os veciños Catoirenses.
Milagros Carneiro é feliz cada vez que reparte un premio aínda a eles só lles tocara nunha ocasión, hai xa dez anos. O premio da quiniela foi o máis baixo desta administración. Agora só espera que a vindeira semana volva a selar algún que outro boleto gañador en Catoira.
Redacción Salnés