Os fondos europeos convertirán o pavillón de Meis nun edificio sustentable e con maior aforro enerxético

MEIS> Avanzan a bo ritmo as obras de reforma do Pavillón deportivo de Meis. A intervención permitirá renovar a cuberta, o ximnasio e os vestiarios, converténdose nun pavillón máis sostible e eficiente en consumo de enerxía. O coste da reforma é de máis de 500 mil euros dos cales o 60% son aportados polos fondos Next Generatio.

A vila de Meis está preto de ter un pavillón multideporte totalmente renovado. A Deputación de Pontevedra e o concello están levando a cabo unha intervención conxunta a través do Plan Reacpon. A obra permitirá reformar a cuberta e outros espazos interiores como o ximnasio e os vestiarios.

A reforma permitirá substituír os vellos materiais por outros máis sostibles e ademais, converterase nunha instalación con maior aforro enerxético.

O proxecto ten un custo de 500 mil euros, dos cales o 85% corría a cargo da Deputación e o restante do concello. Unha aportación de ambas administracións que será menor grazas a que o proxecto foi aprobado dentro dos fondos europeos Next Geration, o que supón unha aportación de máis do 60% da obra. A reforma beneficiará a toda veciñanza de Meis usuaria da instalación.

As obras están realizándose segundo o prazos marcados e a previsión é que se rematen no mes de marzo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí