A Deputación inviste 60.000 euros nas actividades da Cidade Europea do Viño

    CAMBADOS> A deputación de Pontevedra investirá máis de 60.000 euros no programa de actividades deseñado para celebrar en Cambados o seu ano como Cidade Europea do Viño. Esta mañá o Concello e a entidade provincial firmaron o convenio de colaboración. Cultura, deporte, actividades a favor da igualdade, apoio ás persoas con discapacidade, ou por suposto. viño. No programa de actividades do convenio entre a Deputación de Pontevedra e o concello de Cambados, para celebrar o seu ano como Cidade Europea do Viño, non falta de nada. A presidenta da Deputación e a alcaldesa do concello, asinaron en compañía do deputado provincial de turismo e o do concelleiro de Enoturismo, un acordo polo que a entidade pontevedresa destina máis de 60.000 euros a Cambados. Un senfin de actividades que comezarán o vindeiro 25 de marzo coa celebración Da gala inaugural, e entre os que se inclúen os recoñecidos Festivais Rías Baixas, posto que un deles se organizará neste concello. Ademáis, rutas de senderismo, exposicións de canteiría, mesas redondas, ou eventos vinculados ás novas tecnoloxías. Para Carmela Silva o apoio a Cambados neste ano é imprescindible, posto que o título de Cidade Europea do Viño é algo que tódalas institucións debería valorar do mesmo xeito que o fai a Deputación. A alcaldesa de Cambados destacou as actividades que van destinadas a loitar contra as barreiras coas que se atopan as persoas con diversidade funcional ,tal e como demostraron durante o acto desta mañá no concello cambadés, rachando coas barreiras simbolicamente. O convenio firmado esta mañá é para a Deputación de Pontevedra unha mostra do apoio que amosa a entidade a este distintivo que conseguiu Cambados, e as asinantes aseguraron que este 2017 será o mellor ano de tódolos celebrados polas cidades europeas do Viño ata o momento. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/22/firma_convenio_deputacion_cidade_europea_vino_22032017_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/22/firma_convenio_deputacion_cidade_europea_vino_22032017.mxf.mp4{/flowplayer}