Veciños de Vilanova denuncian unha presunta estafa telefónica

    dv757_-_deiro_100.jpgVILANOVA > Varios veciños de San Miguel de Deiro, en Vilanova, non saen do seu asomo ante as continuas subidas que rexistra o seu recibo…

    … de teléfono fixo.Desde primeiros de ano, varios usuarios da compañía Telefónica foron vendo como a súa factura de telefonía subía a pasos axigantados. O ver o desglose, comprobaron como no apartado de tarificación adicional, se lles estaban a cobrar múltiples de chamadas a números do tipo 806, que eles non realizaran.

     Algúns destes veciños, como é o caso de Bea Viñas, reclamaron ante Telefónica, quen lles devolveu o importe destas chamadas provisionalmente e baixo a condición de que se as empresas propietarias desas liñas llas reclaman deberían devolver de novo os cartos. Ademais, Bea constatou, como logo de que suprimiu o acceso a estes números, lle apareceron outras chamadas a números fixos de Madrid que ela nunca realizou.

    Ó poñer esta situación en común cos seus veciños, constataron como coincidían entre as distintas facturas as datas das chamadas e as compañías ás que supostamente se realizaron; con nomes como Cableeuropa, Emsertex 2002; Sistemas telefónicos, Arpante Publicitat ou Betaline S.L.; algunhas das cales ofertan servicios de liñas eróticas ou de videncia, segundo afirmaron os veciños.

    Os incrementos nestas facturas van dos cento e pico euros ata os 500 nalgúns casos, e medran mes a mes; unha situación que está a inquietar e moito ós veciños e da que tres deles xa denunciaran hoxe mesmo ante a oficina de consumo do Concello.

    Nos vindeiros días non descartan chegar a denunciar esta situación ante as forzas da orde ante esta case segura estafa telefónica. Estes afectados alertan tamén ó resto da cidadanía para que repase a súa factura por se puidera estar pasándolle o mesmo.

    Redacción Salnés