O Ameixa Rock regresa a Carril esgotando as entradas antes da súa presentación

VILAGARCIA> O rock and roll volverá soar en Carril coa celebración da 8 edición do Ameixa Rock. O festival regresa a Vilagarcía tras un ano de ausencia adaptándose ás medidas sanitarias. A celebración terá lugar o sábado 4.

Despois dun ano de ausencia, Carril recupera o Ameixa Rock. O festival de rock and roll de Vilagarcía regresa cunha edición adaptada ás normativas sanitarias. O evento terá lugar o sábado día 4 na praza da liberdade. Dende o concello quixeron destacar o traballo dos organizadores para poñer en valor as paisaxes de Vilagarcía e Carril.

O festival comezará coa sesión vermú ao medio día, a continuación terá lugar a primeira das visitas guiadas a Cortegada. Pola tarde actuarán os pasacalles, haberá outra visita guiada a Cortegada e as nove comezarán o dj e grupos.

O Ameixa rock deste ano terá unha homenaxe especial.

o festival celebrarase este ano na praza da liberdade para cumprir coas normativas sanitarias. Os concertos terá unha ocupación máxima de 100 persoas e xa están todas as entradas esgotadas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí