Os autocines chegan a Barbanza da man de Arousa Norte

BARBANZA> A Mancomunidade desenvolverá proxeccións nos catro concellos da comarca ó longo dos meses de xullo e agosto.

Baixo o título ‘Lúa Chea no Barbanza’ a Mancomunidade Arousa Norte promoverá sesións de autocine nos catro concellos do Barbanza durante os meses de xullo e agosto. a iniciativa que desenvolverán da man da empresa Emesports, forma parte dun traballo de reformulación de accións turísticas debido á crise sanitaria da Covid-19 que xurdiu do traballo conxunto dos departamentos de Cultura. A proposta contará con catro sesións en cada un dos concellos: Cinema Actual, Cinema Familiar, Cinema Clásico e Cinema Galego.

A presentación desta actividade serviu tamén para darlle a benvida da que será a nova xerente da entidade recentemente nomeada, Fátima Cachafeiro. Aínda que os parabéns foron para a anterior xerente, Irene Maneiro, que deixa o cargo.

A proposta, que conta co apoio da Deputación da Coruña, será totalmente gratuíta. Aínda que a xente que queira acceder a cada unha das películas deberá rexistrarse previamente no enlace barbanzarousa.gal.