Rosa Quintana visita o IGAFA con motivo do inicio do curso

    A ILLA> Despois do verán comeza a actividade lectiva nos diferentes centros de ensinanza. Este venres a conselleira do Mar, Rosa Quintana, inaugurou o curso escolar do Instituto Galego de Formación en Acuicultura, que está na Illa de Arousa. O Instituto Galego de Formación en Acuicultura iniciou, este venres, o seu curso 2017/2018 cun acto ao que asistiu a conselleira do Mar, Rosa Quintana, quen sinalou que esta é a única escola galega de mergullo homologada. Uns 110 alumnos formaranse en ciclos de acuicultura e mergullo no IGAFA da Illa de Arousa. Quintana fixo fincapé na importancia da formación náutico pesqueira como vía para avanzar no relevo xeracional e para poder dotar ao sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola de sustentabilidade e competitividade