A parroquia boiresa de Cures contará cun centro social

    BOIRO > Os veciños da parroquia boiresa de Cures poderán disfrutar en breve do seu local social. A obra, cun presuposto que se achega ós 82 mil euros, é posible grazas ás partidas propias de cada parroquia e que os veciños decidiron investir neste edificio.

    Os edís do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego de Boiro, conxuntamente co alcalde, Xosé Deira, compareceron en rolda de prensa para falar das obras que se están a levar a cabo en Cures co fin de construir o que será o Local Social desta parroquia.

    A mellora do edificio, situado a carón da igrexa parroquial, ten un custe total que se achega ós 82 mil euros que son posibles grazas ás partidas asignadas pola concellería de Participación Cidadá a cada parroquia e que os propios veciños de Cures decidiron investir neste local parroquial.

    Ó total do presuposto hai que sumarlle tamén o custe do mobiliario, grazas tamén a unha aportación do Plan Proder II que supera os 40 mil euros.

    Redacción Barbanza