Opmega estuda unha cuestión de confianza contra Ramón Dios

    VILAGARCÍA > Unha nova crise planea sobre o sector mexilloeiro. Ó parecer, dende Opmega fálase de plantexar unha posible cuestión de confianza contra o presidente do Consello Regulador. Ramón Dios di que nada lle asombra e sabe que dende a súa chegada hai algunhas persoas que só buscan rematar con el, unha cuestión que non lle preocupa persoalmente pero sí dende o punto de vista do sector.

    ramondios_300_210206.jpgRamón Dios, presidente do Consello Regulador Mexillón de Galicia, fixo o enésimo chamamento á calma e á unión do sector, nun momento moi difícil. As vendas son moi baixas e os prezos están polo chan, unha situación que en vez de unir ós mexilloeiros, está provocando aínda máis malestar entre os productores.

    Esto, unido a unha xuntanza organizada onte por Opmega para falar sobre a central de vendas, e á que só foi convocada unha parte do sector, provocou que se volvesen desata-las iras que moitos achacan a cuestións partidistas.  E para rematala, esta tarde o Partido Popular ven de acusar á consellería de Pesca de arruina-la campaña de Nadal do mexillón. Segundo o PP, a consellería descoñecía un novo regulamento comunitario que permite analíticas integrais e que, de ser aplicado, tería salvado a campaña.

    Os populares relacionan este descoñecemento coa política de nomeamentos do novo goberno, que prima, din, os criterios partidistas sobre a cualificación técnica do persoal do Intecmar.

    Redacción Salnés