CAMBADOS> O concello de Cambados homenaxea ao capitán da garda civil Santiago Romay que deixa o destino tras tres anos na vila. Ao acto asistiron os membros do goberno, compañeiros da garda civil e representantes da policía local, da policía nacional e do xulgado de Cambados. Os asistentes destacaron especialmente, a labor do capitán durante a pandemia.
Tres anos son suficientes para deixar pegada nunha vila. Por iso, o concello de Cambados quixo homenaxear ao capitán da Garda Civil Santia Romay. Nun acto emotivo, no que a música correu a cargo do Manso, os representantes das diferentes forzas de seguridade, do xulgado da vila, do goberno local e compañeiros da garda civil destacaron a labor do capitán durante estes anos.
O capitán agradeceu os eloxios e destacou a colaboración con todas as institucións para poder solucionar os problemas dos cambadeses.
E recordou como un dos momentos máis duros o traslado da Garda Civil do seu cuartel.
O concello entregou ao capitán unha placa e unha bolsa con varios agasallos con produtos típicos da vila. Os asistentes advirte que Santiago Romay deixa Cambados co listón moi alto.