Proyecon inicia a reparación da fuga que provocou os vertidos industriais

    RIBEIRA > A empresa Proyecon xa iniciou os traballos de reparación da fuga localizada na tubaxe do colector separativo do polígono industrial que provocou vertidos industriais á rede xeral durante a pasada semana. Se os traballos proseguen o seu bo ritmo, a finais de semana restablecerase o funcionamento normal dos condutores.

    Mentres duren os traballos, os efluentes do polígono seguirán a ser desviados a través do colector da Avenida de Ferrol para evitar as graves molestias derivadas dos vertidos. A intención do executivo é que a empresa encargada do mantemento da rede, Proyecom, finalice os traballes no prazo máis breve posible co fin de contar novamente con funcionamento normal do servizo de cara á fin de semana.

    Así mesmo, o executivo ribeirés está a dar os primeiros pasos no camiño para a implantación de caixas negras nas factorías que rexistren os residuos de cada empresa co fin de evitar vertidos contaminantes. Polo momento, estase a estudar a viabilidade do proxecto que terá que ser consensuado cos membros do sector, antes de ser presentado a Augas de Galicia.

    A comisión creada para o seguimento dos vertidos considera fundamental a implantación dun sistema que erradique definitivamente unha prática tan nociva coma o vertido de residuos contaminantes

    Redacción Barbanza.