VILAGARCÍA > Ó parecer Opmega non está detrás da moción de censura que planea en contra do presidente do Consello Regulador do Mexillón de Galicia. Ramón Dios, asegurou a Telesalnés Barbanza que obtivo a confirmación do propio presidente de Opmega, Javier Figueira.
Ramón Dios recoñece que o seu posto está moi cuestionado pero que hai problemas máis importantes arestora para rematar dunha vez cun ano de división no sector. O presidente do Consello asegura que xa se están dando pasos para reagrupar o sector mexilloeiro. Algunhas organizacións mesmo estudian a creación dunha central de ventas para evitar unha caída de prezos, que a xuízo de Ramón Dios, o que fai é desvalorizar o producto e incrementar a desconfianza no consumidor.
Dios asegura que o mesmo Consello está en disposición de buscar un nexo de unión para sacar adiante os problemas do sector. Para iso ten en marcha varios proxectos. O máis próximo, a sinatura dun convenio para un estudo de xenética do mexillón, que se podería formalizar nesta ou na vindeira semana.
Redacción Salnés