Cambados contará para 2006 con preto de 11 millóns de euros de presuposto

    CAMBADOS > O equipo de goberno de Cambados aprobaba en solitario a pasada semana os orzamentos para o presente exercicio, que ascenden a 10 millóns 800 mil euros. O alcalde, Cores Tourís,  manifestou esta fin de semana que o concello alcanzou as máximas cotas de inversión e que Cambados é un dos concellos galegos menos endebedados.

    Sen embargo e para sanealas contas, anunciou o inicio dun período de contención do gasto e a xeración de novos ingresos, o que non suporá a suba de impostos ós veciños. O PP de Cambados aprobaba o pasado xoves en solitario un presuposto de preto de 11 millóns de euros, dos que máis de 3 millóns 300 mil son para inversións, polo que a operación de crédito solicitada polo concello de 1’7 millóns de euros adicarase integramente ás inversións. DV 282 0.52.22 Sen embargo, o alcalde insiste en que o Concello está ó 65% da súa capacidade de endebedamento, unha porcentaxe que se reducirá esta semana ó 45% e a finais de ano quedará fixada no 40%. Cores Tourís manifestou que Cambados conta cunha liquidación negativa de 855.000 euros, ó que hai que sumar o que se debe nos bancos. Esta cifra propiciará a contención do gasto público e a xeración de ingresos, o que non suporá o aumento de impostos municipais. O alcalde insiste en que a economía local goza de boa saúde e que Cambados é un dos concellos menos endebedados de Galicia.
    Esa contención do gasto pasa pola reducción do presuposto destinados a festexos, cun recorte de 100.000 euros; menos de 54.000 euros no tocante a mantemento de vías públicas ou a reducción de 150.000 euros de gasto en material para a escola obradoiro, que podería postergar a súa apertura ata finais de ano. O orzamento contempla a creación de 28 novas prazas de persoal funcionario e laboral fixo, coa conseguinte reducción de persoal temporal, o que, segundo o rexedor, non variará as cifras da partida orzamentaria destinada a esas contratacións. Ademais, Cores Tourís espera que os concellos que integran a Mancomunidade do Salnés, a Deputación e a Xunta de Galicia se impliquen na construcción dunha depuradora no Umia que trate os verquidos das empresas e evitar así un dos problemas máis graves que sofren os veciños.
    Cores Tourís tamén deu conta doutras obras, caso da reforma do Consistorio, a ampliación da gardería, o acondicionamento da Casa dos Fraga como biblioteca, a urbanización das avenidas de Galicia e de Vilariño, así como infraestructuras deportivas, iluminación no rural, alcantarillado en todo o municipio ou a construcción dun parque público no Pazo de Torrado. Neste sentido, as parroquias tamén verán remozados os lugares de ocio para os cativos.

    Redacción Salnés