PONTECESURES > O último venres de febreiro tiña lugar en Pontecesures un pleno centrado nunha moción da Agrupación Cidadá de Pontecesures relativa ás industrias “Nestlé” e “Finsa”. Sabariz denunciaba na moción a presunta intención de Xestur de trasladar as factorías pola súa “mala ubicación” e propuxo rexeitar esta idea por tratarse de dúas empresas que son “o motor económico da comarca”.
O alcalde nacionalista tachou a Sabariz de alarmista e por eso o seu grupo votou en contra da moción, pese a que foi aprobada co voto favorable do resto de partidos e unha abstención. O documento presentado polo concelleiro de ACP foi aprobado co seu voto e cos do PP e PSOE e a abstención da socia do goberno local, Maribel Castro de Independentes. Sabariz calificou de “gravísimas” as declaracións de Emiliano Quintillán, xerente de Xestur Pontevedra, e manifestou que as dúas opcións que baralla é que ou o alcalde coñecía a intención do nacionalista ou a descoñecía totalmente, o que resultaría máis grave.PP e PSOE apoiaron a moción. O voceiro do PP no concello, Ángel Souto, manifestou a súa adhesión á moción e foi máis alá, pedindo que se incluira unha petición ó presidente da Xunta de Galicia para que cesara do seu cargo a Quintillán. Sabariz entendeu a medida como esaxerada. Pola súa banda, a independente Maribel Castro abstívose ó entender que ninguén manifestara claramente a intención de reubicar ambas empresas. O rexedor nacionalista tachou a Sabariz de alarmista. Trala votación favorable á proposta de Sabariz, remitiuse unha certificación do acordo ó xerente de Xestur Pontevedra, á Conselleira de Vivenda e Solo e ó Presidente da Xunta de Galicia.
Redacción Salnés