VILAGARCÍA> O Arosa prepárase para a fase de ascenso a segunda B. O equipo xunto cos membros da directiva pasaron hoxe os test do Covid 19. A fase disputarase en Balaídos do 17 ao 25 de xullo.
O Arosa regresou hoxe os adestramentos no Manuel Jiménez con vistas á fase de ascenso a segunda b que o equipo disputará o vindeiro mes de xullo. Antes de comezar os traballos, os xogadores tiveron que facerse as probas da Covid 19. Esta é unha das medidas que está a tomar a federación galega para velar pola seguridade de tódolos seus clubs.
A fase de ascenso finalmente xogarase en Balaídos grazas ao acordo acadado pola federación galega, os equipos participantes, o Celta e o concello de Vigo. O presidente da Federación española felicitou á organización galega pola súas disposición a chegar a un acordo.
Dende o Arosa móstranse ilusionados e confiados de cara a esta fase de ascenso.
A federación galega realizará en total máis de 300 test a 14 equipos. No caso dos participantes de 3 división, ademais destas probas deberán de facer outras a semana anterior á fase de ascenso.