A Policía detén ó presunto autor dunha violación en Vilagarcía

    VILAGARCÍA > Xa está en prisión o presunto autor do roubo e a agresión sexual ocorridos o domingo en Vilagarcía. A vítima foi unha anciana de 92 anos que en plena mañá saiu núa ó balcón da súa casa, na Praza de España, para pedir axuda trala agresión.

    A Policía Nacional de Vilagarcía logrou identificar e deter en menos de 24 horas ó presunto autor do roubo sucedido na mañá do domingo nun domicilio da Praza de España, onde se atopa a igrexa parroquial de Vilagarcía. Foi xustamente á saída da misa cando varios veciños puideron ver a unha anciana no balcón da súa casa pedindo auxilio. A muller, que pertence a unha coñecida familia da vila, vive soa, polo que foi ela mesma quen lle abriu a porta ó seu agresor que, tras atacala sexualmente lle roubou preto de mil euros. Anque a vitima foi presa dun gran nervosismo, parece que puido dar algunha pista importante, xa que onte mesmo a policía detía ó presunto autor dos feitos. Trátase dun marroquí de 31 anos que reside de forma accidental en Vilagarcía. Foi detido no seu propio domicilio e pasou a disposición do Xulgado de Instrucción número 3 de Vilagarcía que decretou o seu ingreso en prisión. Anque el negou a súa participación nos feitos, tódolos indicios apuntan a que se trata do autor dos mesmos. En calquera caso, a investigación continúa aberta co fin de aportar máis datos sobre o sucedido.

     

    Redacción Salnés