VILAGARCÍA> Acordo entre o goberno local de Vilagarcía e o BNG para sacar adiante os orzamentos municipais. O alcalde da cidade e o voceiro nacionalista asinaron esta mañá un acordo que lle permite aos socialistas sacar adiante no pleno deste xoves as contas, que ascenden a 39,4 millóns de euros. No documento asinado hoxe recóllese tamén un compromiso para sacar tamén adiante as contas de 2026 no primeiro trimestre do ano que vén.
Este é o momento no que o alcalde de Vilagarcía e o voceiro do BNG asinaban o acordo que lle dá luz verde aos orzamentos da cidade para este 2025. Unhas contas que ascenden a 39,4 millóns de euros e que serán aprobadas no pleno deste xoves.
O alcalde celebra a estabilidade do executivo socialista apoiándose no BNG este ano e o que vén.
Entre as achegas incorporadas ao documento deste ano, contémplase un gravame para as vivendas de uso turístico.
Con todo, socialistas e nacionalistas recoñecen que será difícil executar todo o plasmado no documento asinado esta mañá a estas alturas do ano, de aí a importancia -din- de ir avanzando o traballo para sacar adiante no primeiro trimestre do ano que vén os presupostos de 2026.











