A moda de decorar casas, xardíns ou negocios polo Nadal cada vez gusta máis

MEAÑO> Cada vez está máis de moda decorar os nosos fogares, xardíns ou establecementos con adornos de Nadal do máis variado. O que hai uns anos facían só uns poucos, é agora case que unha obriga para vivir ao grande estas festas. Nós hoxe estivemos en Meaño, nun negocio que quixo facer do Nadal un dos seus grandes reclamos. Ademais de varios decorados do máis vistoso, pon en marcha varios sorteos, pensados para a rapazada.

A moda de decorar casas, xardíns ou negocios polo Nadal cada vez gusta máis. Neste establecemento de Dena, no concello de Meaño, levan a maxia do Nadal a outro nivel. Aproveitando estas festas, no interior do local crearon varias estacións do Nadal, onde clientes e curiosos se achegan para non perder detalle. Este é o terceiro ano que o fan e din estar encantados.

Todo isto pensado en especial para a rapazada que adoita vir por aquí acompañando aos familiares.

Para eles tamén puxeron aquí este buzón, que lles permite participar en sorteos de distintas ferramentas de bricolaxe de xoguete.

Ademais, a decoración inclúe, entre outros elementos dous a destacar: estes teleféricos e tamén unha aldea de Nadal única.

E á vista de toda a expectación que está a espertar toda esta decoración, avanzan que a idea é seguir engadindo novos elementos ano tras ano.