PONTEVEDRA > O Grupo Ence continúa apostando polo deporte base de Pontevedra. Nesta ocasión asinou un convenio de colaboración coa Fundación Rías do Sur para ceder calor á piscina olímpica de Pontemuíños durante os vindeiros catro anos. Nesta operación Ence investirá 210 mil euros.
O complexo deportivo con piscina olímpica de Pontevedra, ubicado en Pontemuíños, contará con enerxía calorífica gratuíta durante os vindeiros catro anos. O presidente da Fundación Náutico Deportiva ‘Rías do Sur’, Ramón Meiriño, asinou un convenio cos responsables do Grupo Empresarial Ence afincado en Lourizán. Esta colaboración establece que Ence se compromete a subministrar á Fundación a enerxía calorífica ademais de asumir o coste de mantemento da instalación durante os vindeiros catro anos.
A instalación de quentamento de auga do Complexo ‘Rías do Sur’ ten unha capacidade calorífica de 1.200 quilowatios por hora que suporía un gasto de máis de 300 mil euros anuais. A colaboración de Ence permitiralle á Fundación salvar escollos e impulsar este complexo náutico deportivo.
Redacción Salnés