RIBADUMIA > Independentes por Ribadumia advirte que este martes rematou o contrato que o concello tiña coa empresa Celta Prix para efectuar o servizo de limpeza de edificios públicos. O grupo de Mar Rey solicita ó goberno local que este servizo volva a ser público e contrate de forma directa ós traballadores substituídos con esta privatización.
O Grupo Independentes por Ribadumia insta ó goberno local a que desprivatice de xeito inmediato o servizo de limpeza dos edificios públicos do concello. A voceira do grupo Mar Rey lembra que o contrato que tiña asinado a alcaldesa con Celta Prix para facerse cargo desta tarefa rematou este martes. Segundo indica, a rexedora xa lle comunicara á empresa a rescisión do contrato en novembro pero o asunto non se abordou ata principios deste mes. Sen embargo, tras esa comisión informativa, aínda non hai unha decisión adoptada, segundo advirte Independentes.
Mar Rey lembra que na cláusula do contrato se indica textualmente que a duración total, incluída as prórrogas, non poderá exceder de catro anos. Pese a isto, Independentes asegura que as traballadoras de Celta Prix foron notificadas de que, en principio, seguirían prestando os seus servizos para a empresa como máximo at setembro deste ano. Tendo en conta isto, este grupo pensa que o PP local ten interese especial en seguir beneficiando a esta empresa e manter privatizado o servizo de limpeza. Independentes tamén critica ó edil do BNG por ter unha posición clara neste asunto.
Nun escrito presentado hoxe no concello, Mar Rey pide ó concello que o servizo volva a ser público e que se contrate directamente ós traballadores substituídos con anterioridade a Celta Prix. Tamén piden a ampliación a xornada completa do contrato da actual traballadora.
Redacción Salnés