Duelos directos na loita polo ascenso á Terceira

preferente250_190310.jpgSALNÉS> O Vilalonga, que onte perdeu en Somozas, visita este domingo ó Vilalbés mentres que o Céltiga fará o propio co Negreira. Na Preferente Sur, haberá derbi entre Cambados e Ribadumia e varios partidos interesantes na loita polo ascenso.

Despois dun dos peores partidos da temporada o Vilalonga tratará de recuperarse fronte ó Vilalbés. Os de Gabi Leis xogaron mal onte en Somozas co que caeron por 1-0. Ademais, o encontro trouxo consigo a lesión de Sarró e a expulsión de Jacinto. Sen Roberto Pazos e Villaverde, deberán viaxar a Vilalba onde agardan recuperar as boas sensacións e sumar tres puntos que lle dean a permanencia case matemática.

Lonxe de acadar ese obxectivo está un Céltiga que tenta escapar da zona baixa. Esta fin de semana terá enfronte a un dos conxuntos máis en forma da liga, o Negreira, que leva cinco victorias seguidas e onte gañou por 4-0 ó Berganitños. Nun mes pasou de postos de descenso a estar nunca posición cómoda. Os de Antonio Gómez non teñen máis marxe de erro e precisan sumar de tres en tres para salvarse.

Na Preferente Sur agarda unha xornada interesantísima. Dous encontros nos que hai moito en xogo. En Baltar o Portonovo recibe ó Arenteiro, séptimo na xeral e cun partido menos. Son dous rivais directos polo ascenso polo que a victoria ten se cadra un valor dobre.

Mesmo caso do que sucederá na Lomba onde un Arousa lanzado recibe ó Barbadás, que ven de golear ó Sanxenxo. Ricardo non poderá contar para este trascendental encontro con Vixo e Oliveira, ambos sancionados.

Outros dos candidatos a meterse entre os dous primeiros é o Sanxenxo que en principio non debería ter problemas para impoñerse ó pechacancelas Nogueira de Ramuín. Adrián é baixa por sanción.

En Burgáns celebrarase un derbi ó que ningíun dos dous equipos chega coa necesidade imperiosa de vencer. Iso sí, o que o faga dará un paso importante de cara a permanencia. Carducho no poderá sentarse no banquiño aurinegro. Os da Senra tamén perden a Sayar para este encontro.

Redacción Salnés