Arranca a campaña marisqueira na Pobra con boas impresións

POBRA> A apertura da campaña marisqueira na Pobra está a deparar boas impresións entre os traballadores. Na zona da Ribeiriña norte, onde iniciaron a actividade, abonda o recurso o que apunta a unha campaña similar á do pasado ano.  Haberá que agardar ós próximos días para coñecer o estado do recurso tanto na Ribeiriña sur como nos Raposiños e O Areal. Aínda que o que de verdade determinará a campaña será a evolución dos prezos. Dende o pósito agardan boas cotizacións, algo que se vén mantendo dende que decidiron agrupar as vendas na lonxa de Ribeira. Polo momento manterán os topes en catro quilos de ameixa babosa, un de fina, dous de xaponesa, dous de roxa e dez de reló. Cifras que poden variar en función de cómo evolucione a campaña.