VALGA> A xunta saca a licitación o proxecto da senda da PO-548 na parroquia de Cordeiro. Esta intervención permitirá mellorar a seguridade viaria nun tramo onde se encontran a igrexa, o pavillón e o colexio. A actuación desenvolverase ao longo do 2022 cun orzamento de 800 mil euros.
A Xunta de Galicia e o concello de Valga mellorarán a seguridade viaria da PO-548 ao seu paso pola parroquia de Cordeiro. A intervención era unha vella demanda do goberno local debido a gran afluencia de peóns que transcorren pola zona.
A administración autonómica sacou hoxe a licitación esta senda peonil que mellorará a seguridade viaria en Cordeiro. O orzamento roldará os 800 mil euros.
A intervención dará continuidade ao tramo de beirarrúa xa existente. Esta obra actuará sobre dous eixos.
Ademais destes tramos, o proxecto tamén inclúe un cambio de sentido que mellorará a seguridade para acceder ao centro escolar. O prazo de licitación estenderase ata o 24 de xaneiro e o de execución será de 6 meses.