Francisco Iglesias acada dous tercios dos votos nas eleccións da Confraría meca

    O GROVE > Francisco Iglesias ten tódalas papeletas para renovar no seu cargo de patrón maior da confraría do Grove. O sábado acadou o 63 por cento dos votos e obtivo 22 das 24 vocalías que compoñen a Xunta Xeral. Francisco Iglesias seguirá á fronte da Confraría do Grove. A súa lista conseguiu nas eleccións deste sábado 22 das 24 vocalías da Xunta Xeral.

    eleccionsconfrariagrove_300_060306.jpgAdemais, na lista dos armadores de pesca de baixura, á que tamén concorría o seu contrincante Francisco Parada, Iglesias acadou 49 dos 78 votos emitidos, o que supón o 62,8 por cento. A pesar de contar cun oitenta por cento de caras novas, o equipo do patrón maior en funcións acadou tódolos postos destinados ós armadores.

    Da pesca de baixura saíron Manuel Fernández, Gerardo García, Emilio Cacabelos, Servando Domínguez, Eduardo Rei, Román Millán e Andrés Soutullo, ademais de Francisco Iglesias. Entre os armadores de marisqueo a flote os tres vocais son Samuel Bouzada, Roberto Afonso, e Alfonso Lima. En recursos específicos tamén gañou outro afín a Iglesias, José Antonio Meis, ó igual que o vocal dos tripulantes e mariscadores de recursos específicos, que é Florencio Piñeiro.

    Iglesias tamén recibiu un amplo apoio por parte das mariscadoras a pé. Este proceso electoral creou unha gran expectación entre os socios da confraría. O sábado acudiron ás urnas máis do noventa por cento do total do censo. Eran case setecentos traballadores do mar con dereito a voto e só pola mañá acudiron máis de catrocentos. E as prioridades esta lexislatura para o recén reelixido patrón maior pasan, no eido do marisqueo en pechar o ciclo produtivo na zona e no da pesca en crear un modelo de explotación máis empresarial. Así nolo comentou o mesmo Francisco Iglesias quen, a través desta victoria, xustifica unha falta de proxecto claro por parte da lista alternativa. Iglesias amosouse contento da victoria acadada e na que case varreu a lista alternativa liderada por Francisco Parada nuns comicios nos que participou máis dun 90% do censo.

    O electorado decidiu e decantouse polo coñecido mellor que polo que está por coñecer, en opinión do propio Francisco Iglesias, pola falta de obxectivos definidos da oposición e polas contradiccións destes cando acusaron á última directiva de non facer contas transparentes e os culparon das mermas na produción trala catástrofe do Prestige.

    Redacción Salnés