Vilanova renova a súa rede Wifi que dá servizo a máis de 16.000 usuarios

VILANOVA> A rede wifi de Vilanova será máis moderna. O concello xa abriu o proceso de contratación dos novos equipos. O servizo ten xa once anos, e a día de hoxe supera os 16.000 usuarios. Cifras que xa fan necesario este cambio.

Tras once anos de vida, o concello de Vilanova renovará os equipos que manteñen a súa rede wifi municipal. Xa está aberto o proceso de contratación para os novos sistemas, cun orzamento de 70.000 euros.

Cos novos equipos aumentarán a memoria de 16 xigas a 256. A capacidade de almacenamento será dez veces maior que a actual, e o sistema será un 120% máis potente. Todo para atender a demanda dun número de usuarios que non para de medrar.

Durán destacou a popularidade deste equipamento entre os veciños, e que permite converter a Vilanova nun referente entre os concellos galegos.