Veciños de Sobradelo denuncia a falta de limpeza da praia de Canelas

VILAGARCIA> Os veciños de Sobradelo en Vilagarcía denuncian o mal estado da praia de Canelas. A reforma recentemente rematada do paseo de Víctor Pita impide ao tractor baixar a limpar o areal. A acumulación de algas provoca malos olores que chegan ás casas máis próximas.

Esta pequena praia de Canelas en Vilagarcía está practicamente cuberta por algas. O problema, segundo indican os veciños, ven da reforma realizada na contorna do areal. A ampliación rampla impide o acceso ao tractor que a limpaba.

O mal estado da praia e o cheiro provoca que a praia estea menos concorrida que noutros anos.

Dende a Asociación de veciños de Sobradelo xa tiveron 6 xuntanzas co concello para trasladarlle as súas demandas. Na reunión mantida estes días, segundo explican, o goberno local propón como solución ampliar a rampla para que baixe o tractor. Unha medida que non convence aos veciños.

Esta non é a única reclamación dos veciños de Sobradelo. A seguridade viaria da rúa Ameixeira é unha das cuestións que máis lles preocupa.

Dende a Asociación indican que a falta de seguridade viaria nesa zona pon en perigo aos escolares do instituto Armando Cotarelo. A agrupación agardará as actuacións do concello, en caso de que non se acometa ningunha mellora comezarán a mobilizarse.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí