Espectacular accidente no Rial ó volcar un camión con area

    VILAGARCÍA > Un camión cargado de area volcou na rotonda do Rial deixando unha sorprendente imaxe. Afortunadamente non houbo que lamentar víctimas persoais e tampouco se produciron grandes retencións debido á situación na que quedou o vehículo.

    camionvolcadorial_300_070306.jpgO suceso do Rial aconteceu  cando un trailer cargado de area da empresa Mariño procedente de Vilagarcía entrou na rotonda coa intención de colle-la vía rápida. Un reventón dunha roda da tractora, a xemelga interior dereita, e un exceso de velocidade, puideron se-las causas do sinistro.

    O camión volcou aínda que o conductor tivo tempo de agarrarse e só sufriu algún golpe no brazo. Ó quedar no medio dos dous carrís, o camión non entorpeceu o tráfico que só tivo que ser regulado cando comezou a recollida da area. Ata o lugar do sinistro achegáronse membros de Protección Civil, Policía Local e a Garda Civil de Tráfico que estiveron controlando a situación ata ben entrada a tardiña.

    Redacción Salnés