A FECA pide máis chan industrial para a comarca do Salnés

    VILAGARCÍA > A federación comarcal de Arousa en colaboración coa Confederación de Empresarios de Pontevedra organizou unha mesa de traballo na que se abordou a situación das empresas no Salnés. A mesa é o froito dun exhaustivo estudo de análise da empresa municipio por municipio.

    O estudo encargado pola FECA maila CEP sobre a situación do comercio na comarca do Salnés evidencia a necesidade de potenciar a colaboración e cooperación entre municipios en materia de infraestructuras, inversión nas comunicacións viais ou creación de chan industrial.

    O estudo no que se baseou a mesa de traballo celebrada o luns en Vilagarcía é froito de enquisas feitas en base ós puntos fortes e débiles do comercio e a economía nos municipios do Salnés, nas pequenas empresas e no índice de crecemento. 

     As conclusións finais desta mesa de traballo recollidas nun informe serán expostas o xoves 16 de marzo  no Foro Sobre Economía do Salnés que se celebrará no Pazo O Rial e no que se homenaxeará ó anterior presidente de FECA.

    Redacción Salnés