O Consello da Xunta aprobou hoxe o Proxecto de Lei de orzamentos 2010

    parlamento100_151209.jpgSALNÉS> Estas contas pretenden iniciar a senda da recuperación económica en Galicia e volver ter unha taxa positiva do PIB.

    As prioridades das contas autonómicas para o vindeiro ano serán uns servizos públicos próximos e eficientes, a recuperación económica e a converxencia e a competitividade, cunha combinación de políticas baseadas na solidariedade e no investimento que traerán como resultado que Galicia saia da recesión e volva ter crecemento. Esta é lectura que fai o PPdG dos Orzamentos públicos para o 2010 aprobados hoxe.

    O goberno galego destinará sete de cada dez euros a gasto social, co que incrementará en dous puntos o seu peso nas contas. Asimesmo aumentarase un 1% os investimentos malia caída dun 12% dos ingresos non financierios.

    Sanidade, Educación, Políticas Activas de Emprego, Economía do Coñecemento, Mobilidade e Infraestruturas, Cohesión e Benestar Social e Dinamización Económica serán os eixes dos orzamentos.

    O goberno autonómico non subirá a presión fiscal dos cidadáns e apostará por aproveitar ao máximo a súa capacidade de endebedamento para poder financiar investimentos produtivos.

    Ademais, os gastos de funcionamento da administración autonómica baixarán un 20%. De salientar é compromiso que as contas teñen coa dependecia á que irán destinados 74 millóns de euros, un 45% máis que en exercicios anteriores.

    A Xunta tamén compensará con case 30 millóns de euros máis as universidades e con 20 os concellos.

    Por outra banda o Xacobeo 2010 contará cunha partida específica de 42 millóns de euros e terá uns efectos na economía galega duns 200 millóns de euros.

    O obxectivo con estas políticas é devolver un PIB positivo a Galicia, do 0,2%, cinco décimas por enriba da previsión do Estado.

    Redacción Salnés