O PP presenta unha candidatura chea de caras novas na política

    candidaturasanxenxo copia100.jpgSANXENXO> Paz Lago ocupará o segundo lugar. Sen embargo, a candidatura deixa fóra a tres dos actuais concelleiros.

    {flowplayer}images/salnes/CANDIDATURA_SANXENXO.flv{/flowplayer}

    O concelleiro de Urbanismo, Ángel Casal, o de Deportes, Martín Otero, e o de Facenda, Manuel López, non formarán parte da candidatura coa que o PP buscará revalidar a alcaldía nos vindeiros comicios. Unha decisión que dende o Partido Popular aseguran foi tomada polo Comité Electoral seguindo criterios obxectivos.

    O segundo e o terceiro posto da lista están ocupados polos actuais concelleiros de Cultura e de Persoal, Paz Lago e Salvador Durán. Os edís de Infraestrutuas, Constantino Sanmartín, turismo, Almudena Aguín, e Medio Ambiente, Mario Caldas, ocupan os postos sétimo, oitavo e noveno respectivamente, conformando unha candidatura chea de caras novas no mundo da política.

    Unhas características nas que Catalina González confía para mellorar os resultados conseguidos polos populares nos comicios do 2007.

    Segundo sinalou a alcaldesa, os novos membros da lista levan anos vencellados de diferentes xeitos ó Partido Popular e insistiu en que os que quedaron fóra da candidatura continuarán formando parte do traballo da formación política.

    Redacción Salnés