BARRO > O BNG de Barro presentou nos xulgados de Caldas o escrito previo á querela contra o alcalde por un presunto delicto de inxurias graves. Os feitos remóntanse ó pleno celebrado o 24 de febreiro, cando o alcalde, ademais de insultar en repetidas ocasións ós edís do BNG, acusou ó seu voceiro, Gonzalo Reboredo, de mentireiro.
Mentireiro, embusteiro e cabronazo, foron os calificativos do alcalde de Barro ó voceiro do BNG. Así se recolle no escrito presentado polo grupo municipal nacionalista no Xulgado número 1 de Caldas de Reis. No escrito solicítase o acto de conciliación previo á interposición de querela por presunto delicto de inxurias graves.
Sen embargo os edís están seguros de que o alcalde non se presentará a este acto, polo que haberá querela contra o rexedor, a quen acusan de que, coa súa actitude, está a fomenta-la crispación e a agresividade entre os veciños o que provoca feitos como a agresión a un edil do BNG nas pasadas eleccións. Un feito que está no Xulgado de Pontevedra e que o alcalde se negou a repudiar publicamente. Anque nesta ocasión tampouco parece que o rexedor esté moi arrepentido, posto que volveu a emiti-los mesmos insultos contra os edís nacionalistas noutros medios de comunicación, como en TeleSalnés Barbanza, onde ratificou as súas palabras do pleno e insistiu en que as calificacións están xustificadas.
Redacción Salnés