Un vinte camiños das zonas rurais serán acondicionados na Pobra

    POBRA > O concello da Pobra do Caramiñal vai destinar uns 300 mil euros á mellora duns vinte camiños nas zonas rurais. Con estas actuacións, moitas das cales xa se están a levar a cabo, o executivo pobrés persegue que a totalidade da rede viaria do municipio estea nunhas condicións óptimas antes do remate da actual lexislatura.

    Unha das premisas que se marcou o executivo pobrés na actual lexislatura foi a mellora de tódalas pistas e camiños rurais existentes no municipio.

    Nos últimos meses o concello iniciou actuacións nas maiorías das parroquias con esta finalidade e mesmo destinou a estas accións a cantidade de 300 mil euros.

    En total con cargo a este presuposto melloraranse un total de 20 camiños entre eles o de Romeiras, Lesón a Tarrío, Vilariño-Casás-Pumadiño ou o camiño do Rodel.

    O rexedor pobrés, que estivo visitando algunha das obras que se están a realizar actualmente, sinalou ademais que o executivo local non descarta incluir nos presupostos deste ano outra partida de 300 mil euros para arranxar nunha segunda fase os camiños pendentes.

    Por outra banda a brigada de obras municipal segue cos traballos de acondicionamento e limpeza de tódalas cunetas existentes no municipio, así como tamén o bacheado daquelas zonas que o precisen polo que dende o concello se animou a tódolos veciños residentes en lugares con accesos en mal estado a personarse no casa consitorial para dar conta dos problemas e que poidan ser subsanados o máis axiña posible.

    Redacción Barbanza