O PP da Pobra busca o contacto directo cos veciños

    POBRA> O Partido Popular da Pobra segue inmerso na campaña electoral.O candidato dos populares pobrenses, Manuel Durán, e os membros do seu equipo percorreron o mercadiño que se celebra os mércores na localidade para entrar en contacto cos veciños. Ademais de entregarlle a propaganda na que se resumen os obxectivos do seu programa tiveron ocasión de escoitar as propostas das cidadáns, na mesma liña que veñen seguindo no que vai de campaña xa que pretenden promover o contacto directo cos votantes. Por diante quedan aínda dez días de campaña cunha axenda do máis completa. O mitin central dos populares, a nivel comarca, terá lugar este domingo en Ribeira coa presenza de Alberto Núñez Feijoo.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí