O concello de Rianxo xestiona a mellora do tráfico no Paseo da Ribeira

    RIANXO > O executivo rianxeiro pretende mellora-lo tráfico rodado no Paseo da Ribeira, concretamente na zona na que se estreita o paso debido á existencia de varias vivendas que dificultan o paso dos vehículos. O rexedor local, que xa iniciou as negociacións con varios propietarios, informou que tanto Portos de Galicia como a Demarcación de Costas, encargaríanse de financiar esta mellora.

    Dende hai moitos anos o executivo rianxeiro pretende levar a cabo esta actuación que melloraría o tráfico rodado na zona.

    Segundo o rexedor rianxeiro a obra viría tamén a mellora-lo aspecto actual da fachada marítima.

    Precisamente e co fin de busca-lo financiamento necesario para realizar esta actuación, o alcalde mantivo xa encontros con responsables de Portos e da Demarcación de Costas, que o autorizaron para inicia-las negociacións cos propietarios das tres vivendas que provocan o estreitamento na zona da lonxa vella.

    Redacción Barbanza