A caída dun valo no San Benito de Lores case remata en traxedia

    MEAÑO > A casualidade quixo que a Romaría de San Benito Abad de Lores, en Meaño, fose o escenario da caída dun muro, nun dos días do ano de maior afluencia de visitantes á parroquia. Afortunadamente, todo quedou nun susto e non houbo que lamentar danos persoais, a pesar de ser centos de persoas as que se achegaron ata a Igrexa para participar desta Romaría.

    muromeano_300_210306.jpgEran as 3 e media da tarde deste martes cando as persoas que se atopaban nas inmediacións da Igrexa da parroquia de Lores, en Meaño, escoitaban un tremendo ruído. O desconcerto inicial deu paso á tranquilidade, ó saber que baixo as enormes pedras que cortaron totalmente o paso de vehículos e peóns non quedara ninguén atrapado.

    Os veciños próximos ó lugar achegáronse de inmediato para comprobar se as pedras atraparan a algún viandante. Durante todo o día o lugar foi moi transitado por vehículos e persoas, sobre todo nas horas centrais do día nas que se celebraron as misas principais da Romaría. A casualidade quixo que a esas horas ninguén pasara pola vía.

    Redacción Salnés